Conta coa participación de máis de douscentos deportistas de idades entre 12 e 16 anos, estudantes de ESO de Rianxo (IES Félix Muriel) , A Illa de Arousa (IES da Illa), Vilagarcía de Arousa (IES A. Cotarelo, IES Castro Alobre, Colexio San Francisco y Colexio Sagrada Familia), Vilanova de Arousa (IES Faro das Lúas) e Cambados (IES Francisco Asorey).
Convencidos de que o deporte axúdanos a formar mellores persoas, transmitindo valores como esforzo, autosuperación, disciplina, respecto… sen esquecer os seus indubidables beneficios para a saúde, a FGCN en colaboración cos centros educativos organiza esta pequena festa deportiva. Unha ocasión excelente para a fomentar as relacións entre estudantes dos distintos centros e medir as súas forzas e habilidades en catro dos deportes que contan con máis aficionados e practicantes: Baloncesto, Fútbol, Atletismo e Voleibol, un deporte en auxe entre a mocidade.









