A Cidade da Cultura de Santiago acolleu a presentación oficial de Adestrar sen Pantallas, un novedoso programa de prevención de adiccións comportamentais apoiado no deporte que impulsa a FGCN co apoio da Xunta de Galicia (Consellería de Sanidade e Secretaría Xeral para o Deporte), a colaboración das federacións deportivas participantes, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidad Internacional de La Rioja (UNIR).
O programa basease no papel central dos adestradores/as deportivos como axentes de saúde e vaise implantar como proxecto piloto nas localidades da Estrada, Cambados, Ribeira e Vilagarcía de Arousa en equipos seleccionados de Baloncesto, Fútbol, Balonman e Ximnasia contando asimesmo coa colaboración dos concellos das citadas localidades.
Adestrar sen pantallas, que está a ser deseñado por expertos do eido do deporte e da psicoloxía, nace para axudar aos máis xóvenes a facer un uso razoable e responsable das pantallas, específicamente a través de Internet, Móbiles, Redes Sociais, Apostas Deportivas e Videoxogos.









