Fundación galega contra o narcotráficoFundación galega contra o narcotráficoFundación galega contra o narcotráficoFundación galega contra o narcotráfico
  • Sobre nosotros
    • Quienes somos
    • Misión. Visión. Valores
    • Líneas de trabajo
    • Premios
    • Transparencia
  • Ayuda y denuncias
    • Ayuda adicciones
    • Denuncias
  • Información
    • Noticias
    • Prevención del consumo de drogas
    • Informes y legislación
    • Enlaces de interés sobre drogas
    • Día internacional contra a droga
  • Gestión de Bienes y Subastas
  • Contacto
  • Español

XX Torneo Deportivo Eu Saúde/Panos Brancos

    Home Destacados XX Torneo Deportivo Eu Saúde/Panos Brancos

    XX Torneo Deportivo Eu Saúde/Panos Brancos

    por FGCN | Destacados | 0 comentarios | 20 abril, 2026 | 0

    O venres 10 de abril tivo lugar a XX edición do Torneo Deportivo Eu Saúde/Panos Brancos nas instalacións do C.D. Fontecarmoa e coa participación de máis de douscentos deportistas de idades entre 12 e 16 anos, estudantes de ESO de Rianxo (IES Félix Muriel) , A Illa de Arousa (IES da Illa), Vilagarcía de Arousa* (IES A. Cotarelo), Vilanova de Arousa (IES Faro das Lúas, IES A Basella) e Cambados (IES Francisco Asorey) reunidos nunha festa deportiva e de amizade para practicar os deportes de Baloncesto, Fútbol, Atletismo e Voleibol.

    O propósito do programa Eu Saúde -desenvolvido pola Fundación Galega contra o Narcotráfico en estreita colaboración cos centros educativos- é fomentar os valores do deporte e a aposta por un estilo de vida no que a saúde sexa protagonista, promovendo a práctica deportiva como unha opción de ocio saudable, aumentando a sensibilización e o rexeitamento ás drogas e o narcotráfico entre os máis novos.

    A celebración do torneo serve tamén para realizar paralelamente diversas actividades de prevención de drogodependencias e outras adiccións nos centros educativos. O programa exténdese nas aulas a un colectivo de 2.095 mozos/as das localidades e centros participantes En opinión dos organizadores “o deporte axúdanos a formar mellores persoas, transmitindo valores como esforzo, autosuperación, disciplina, respecto… sen esquecer os seus indubidables beneficios para a saúde”. Unha festa deportiva que supón tamén unha ocasión excelente para que os representantes dos distintos centros midan as súas forzas e habilidades en catro dos deportes que contan con máis aficionados e practicantes: Baloncesto, Fútbol, Atletismo e Voleibol, un deporte en auxe entre a mocidade.

    A FGCN quere destacar e agradecer as colaboracións que fan posible a celebración deste evento deportivo: Consellería de Sanidade, Concello de Cambados, Concello de Vilagarcía de Arousa, Concello de Rianxo, Concello de A Illa de Arousa, Concello de Vilanova, Porto de Vilagarcía, Obra Social LaCaixa, Protección Civil e especialmente a profesorado e alumnado dos centros educativos participantes.
    *en Vilagarcía de Arousa participaron tamén o Colexio San Francisco, Colexio Sagrada Familia e IES Castro Alobre que disputaron xunto ao  IES A. Cotarelo o torneo previo clasificatorio (novembro 2025).
    FGCN
    Author: FGCN

    ...

    No tags.

    SXB

    sxb

    Últimas noticias

    • XXIII GALA ANUAL

      O próximo 8 de maio Vilagarcía de Arousa acollerá a XXIII edición

      5 mayo, 2026
    • Presentación do programa Adestrar sen Pantallas

      A Cidade da Cultura de Santiago acolleu a presentación oficial de Adestrar

      20 abril, 2026
    • XX Torneo Deportivo Eu Saúde/Panos Brancos

      O venres 10 de abril tivo lugar a XX edición do Torneo

      20 abril, 2026
    • II Congreso de Legislación Antinarcotráfico

      La Fundación Galega contra o Narcotráfico comienza la ronda de entrevistas y

      20 febrero, 2026
    • Adestrar sen Pantallas. Innovación, Deporte e Prevención

      Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Sanidade,

      9 diciembre, 2025
    • ·FGCN e centros educativos organizan a IV Etapa Xacobea Conxunta entre estudantes

      9 octubre, 2025
    • Quienes somos
    • Misión. Visión. Valores
    • Ayuda adicciones
    • Denuncias
    • Gestión de Bienes y Subastas
    • Política de Privacidad
    • Aviso Legal
    • Contacto
    • Login
    • Sobre nosotros
      • Quienes somos
      • Misión. Visión. Valores
      • Líneas de trabajo
      • Premios
      • Transparencia
    • Ayuda y denuncias
      • Ayuda adicciones
      • Denuncias
    • Información
      • Noticias
      • Prevención del consumo de drogas
      • Informes y legislación
      • Enlaces de interés sobre drogas
      • Día internacional contra a droga
    • Gestión de Bienes y Subastas
    • Contacto
    • Español
    • Español
    Fundación galega contra o narcotráfico