O próximo 8 de maio Vilagarcía de Arousa acollerá a XXIII edición da Gala Anual da entidade. Un acto de referencia que reunirá aos máximos representantes da loita antidroga a nivel nacional. O evento terá lugar a partir das 20,30h no Salón Principal do Auditorio Municipal, contando coa actuación artística do grupo Cantos da Terra. Está prevista a asistencia de numerosos representantes das FCSE, profesionais do ámbito xudicial e entidades sociais, xunto a unha ampla representación da sociedade galega e arousán. Entrada gratuita ata completar o aforo.
Como é habitual, o acto central da Gala será a entrega dos Premios Nécora de Ouro, que o padroado da entidade otorga para recoñecer e agradecer o traballo sobresaínte de persoas e entidades na loita contra o tráfico de drogas e as adiccións desde moi distintos ámbitos.
Nesta edición as persoas galardoadas son:
–JAIME GAYÁ MORENO. Xefe de Aduanas e Impostos Especiais de Galicia. AEAT
–JESÚS CARTELLE FERNÁNDEZ. Psiquiatra. Director UCA Ribeira
–CARMEN VILLAR ALONSO. Periodista Faro de Vigo









