A FGCN continúa a aposta polo deporte e o fomento de hábitos saudables coa organización, xunto aos centros educativos, cunha nova edición -a quinta- da Etapa Conxunta do Camiño de Santiago. Tras o éxito de participantes das anteriores edicións, este ano a andaina tivo lugar o 20 de outubro coa participación de centos de estudantes e profesorado da ESO pertenecentes a diversos centros educativos de Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía e Teo que emprenderon a etapa saíndo desde a Carballeira de Francos (concello de Teo) ata chegar a Catedral de Santiago de Compostela, cubrindo unha distancia aproximada de quince kilómetros.
Turismo de Galicia e a Consellería de Sanidade apoian esta iniciativa que busca promover hábitos saudables a través do Deporte e do Camiño, fomentando a convivencia entre escolares de distintas localidades e centros. Ao tempo, a andaina serivirá para «que os novos peregrinos coñezan e sintan na súa propia experiencia os valores do Camiño e as súas distintas dimensións: relixiosa, cultural, histórico-artística, paisaxística, medioambiental, turística…» según indica o presidente do colectivo, Manuel Couceiro Cachaldora, quen manifesta que deste xeito «consolidamos a aposta polo deporte con actividades que nos axudan a facer mellores persoas».
Desde a FGCN agradecen especialmente a acollida de profesores e alumnado e o alto interese que desperta a iniciativa entre estudantes e centros. Nesta nova edición participan estudantes e profesorado dos IES Armando Cotarelo, IES Castro Alobre, Colexio Sagrada Familia, Colexio San Francisco (Vilagarcía de Arousa), IES A Basella, IES Faro das Lúas (Vilanova de Arousa), IES de Cacheiras (Teo), IES Francisco Asorey e IES Ramón Cabanillas (Cambados) aos que a Fundación agradece especialmente a súa sensibilidade e implicación no proxecto. As actividades do programa O Teu Camiño non finalizan coa chegada dos peregrinos ao Obradoiro. Con posterioridade a esta data hai programadas Exposicións Fotográficas e Artísticas coa participación dos centros educativos, xunto a unha nova edición do Certame de Relato Curto, Contos do Camiño, aberto á participación dos/as estudantes.
A FGCN quere agradecer especialmente a sensibilidade e o decidido apoio ofrecido por parte de Turismo de Galicia, Consellería de Sanidade, Porto de Vilagarcía de Arousa, Concellos de Cambados, Vilanova de Arousa e Teo, Obra Social LaCaixa/Caixabank e Academia Xacobea, xunto á colaboración de Protección Civil de Vilagarcía, Protección Civil e Policía Local de Ames para garantir a seguridade da etapa.








