O Palacio dos Deportes de Riazor acollerá o 22 de marzo a trescentos deportistas de sete centros educativos da cidade que participarán na edición do Torneo Deportivo Panos Brancos contra a Droga, A Coruña 2018.
O obxectivo compartido por centros educativos e Fundación coa celebración deste torneo é o fomento do deporte como actividade de ocio saudable e o fomento dos seus valores na formación integral de nenos e xóvenes. Deste xeito, conceptos como esforzo, autosuperación, disciplina, traballo en equipo e respeto polos rivais poñense en práctica ao longo da xornada, que serve tamén como actividade de irmandamento entre estudantes da ESO, con idades entre 12 e 16 anos dos distintos centros.
Participan no Torneo o IES Agra do Orzán, IES Elviña, IES Rafael Dieste, IES Fernando Wirtz, IES Salvador de Madariaga, Colexio Esclavas de Jesús e Colexio Sagrado Corazón de Jesús. Paralelamente á celebración do torneo, os centros educativos que imparten a ESO na Coruña recibiron materiais de apoyo nas aulas para o fomento de hábitos saudables e prevención de drogodependencias.
O Torneo Panos Brancos contra a Droga, A Coruña 2018 conta co apoio de entidades e institucións como a Xunta de Galicia, Concello de A Coruña, Obra Social La Caixa e Fundación María José Jove. A Federación Galega de Atletismo e a Federación Galega de Baloncesto colaboran co evento.