No marco desta celebración, apóstase pola prevención do consumo, a sensibilización e o fomento de hábitos saudables, especialmente cara á mocidade. O Día Mundial contra a Droga deste ano é un chamado a crear conciencia e fomentar unha maior inversión en prevención por parte dos gobernos, promovendo a formulación de políticas baseadas na evidencia e empoderando á mocidade, dotándolles de coñecemento, habilidades e os recursos necesarios para desenvolver unha vida en plenitude lonxe das adiccións.
Nesta campaña de sensibilización, Renfe colabora coa Fundación Galega contra o Narcotráfico. A operadora colocará carteis informativos nas once principais estacións de Galicia e exhibirá a imaxe do Día Internacional contra a Drogra 2024 nos repousacabezas dos trens Avant e Media Distancia nos traxectos A Coruña-Santiago de Compostela- Ourense e A Coruña-Santiago de Compostela-Vigo.
A colaboración entre ambas entidades para difundir campañas de sensibilización social polo Día Internacional contra a Droga comezou anos atrás coa exhibición de cartelería nas estacións e a participación das principais entidades de drogodependencia de Galicia.
Enmárcase dentro das actividades de Renfe dirixidas a fomentar un desenvolvemento humano, intercultural, equitativo e sostible a través da comunicación e a potenciación dos servizos de transporte de viaxeiros por ferrocarril.