Fundación galega contra o narcotráficoFundación galega contra o narcotráficoFundación galega contra o narcotráficoFundación galega contra o narcotráfico
  • Sobre nosotros
    • Quienes somos
    • Misión. Visión. Valores
    • Líneas de trabajo
    • Premios
    • Transparencia
  • Ayuda y denuncias
    • Ayuda adicciones
    • Denuncias
  • Información
    • Noticias
    • Prevención del consumo de drogas
    • Informes y legislación
    • Enlaces de interés sobre drogas
    • Día internacional contra a droga
  • Gestión de Bienes y Subastas
  • Contacto
  • Español

O deporte como oportunidade de protección ante as adiccións

    Home Destacados O deporte como oportunidade de protección ante as adiccións

    O deporte como oportunidade de protección ante as adiccións

    por FGCN | Destacados | 0 comentarios | 16 febrero, 2025 | 0

    O Concello da Estrada e a Fundación Galega contra o Narcotráfico unen as súas forzas para potenciar o deporte como factor de protección fronte ás adiccións.

    A charla-coloquio Adolescencia e novas adiccións programada para o martes 18 de febreiro no MOME contará con expertos, educadores, familias e deportistas que abordarán a realidade actual das adiccións, con especial atención ás denominadas adiccións comportamentais e tecnolóxicas (Internet, Redes Sociais, Móbiles, Videoxogos e Apostas) que máis afectan a adolescentes e xóvenes.

    A xornada de sensibilización e prevención ofrecerá información de alto interese e novas pautas para familias, educadores e adestradores da man de dous dos expertos máis recoñecidos a nivel nacional, os doutores en Psicoloxía Antonio Rial Boubeta (Facultade de Psicoloxía da USC) e Manuel Isorna Folgar (Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo).

    O acto, programado a partir das 18,30h no MOME, é de entrada gratuita e contará coa asistencia de representantes dos centros educativos, ANPAS, familias, entidades sociais, adestradores/as e clubes deportivos.

    O EIDO DEPORTIVO COMO ESCENARIO DE OPORTUNIDADE

    O fomento dun lecer saudable a través do deporte segue a constituír un dos principais pilares sobre os que basear as políticas de prevención nos países desenvolvidos. A evidencia científica acumulada durante décadas respalda o papel da actividade físico-deportiva como un factor primordial para o desenvolvemento integral e harmónico de nenas e nenos.

    Desta maneira clubes e entidades deportivas constitúen excelentes escenarios de oportunidade para mitigar a pegada negativa derivada dun uso temperá, frecuente e intensivo dos dispositivos tecnolóxicos, que constitúe nestes momentos segundo a OMS un serio problema de saúde pública.

    Sobre esta base a FGCN está a desenvolver co apoio do Concello da Estrada e a Secretaria xeral para o Deporte o programa Adestrar sen Pantallas, en colaboración directa con clubs deportivos do municipio, destacando especialmente a figura do adestrador/a deportivo como referente para a mocidade.

    FGCN
    Author: FGCN

    ...

    No tags.

    SXB

    sxb

    Últimas noticias

    • II Congreso de Legislación Antinarcotráfico

      La Fundación Galega contra o Narcotráfico comienza la ronda de entrevistas y

      20 febrero, 2026
    • Adestrar sen Pantallas. Innovación, Deporte e Prevención

      Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Sanidade,

      9 diciembre, 2025
    • ·FGCN e centros educativos organizan a IV Etapa Xacobea Conxunta entre estudantes

      9 octubre, 2025
    • Día Internacional contra las Drogas. 26 de junio

      En una fecha tan especial como el Día Internacional contra la Droga

      25 junio, 2025
    • Narcotráfico, Criptoactivos y Blanqueo de Capitales a estudio en la AGASP

      El jueves 12 de junio tendrá lugar en la Academia Galega de

      10 junio, 2025
    • Premios Anuales FGCN 2025

      Felicitaciones a los nuevos galardonados en la XXIII edición de la Gala

      2 mayo, 2025
    • Quienes somos
    • Misión. Visión. Valores
    • Ayuda adicciones
    • Denuncias
    • Gestión de Bienes y Subastas
    • Política de Privacidad
    • Aviso Legal
    • Contacto
    • Login
    • Sobre nosotros
      • Quienes somos
      • Misión. Visión. Valores
      • Líneas de trabajo
      • Premios
      • Transparencia
    • Ayuda y denuncias
      • Ayuda adicciones
      • Denuncias
    • Información
      • Noticias
      • Prevención del consumo de drogas
      • Informes y legislación
      • Enlaces de interés sobre drogas
      • Día internacional contra a droga
    • Gestión de Bienes y Subastas
    • Contacto
    • Español
    • Español
    Fundación galega contra o narcotráfico