Na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo tivo lugar o 21 de novembro unha nova edición da xornada de información/sensibilización sobre consumo de drogas e condución de vehículos. Os datos de consumo de alcohol e outras drogas e accidentes de tráfico xustifican sobradamente a celebración da xornada, enmarcada no acordo de colaboración que a FGCN mantén coa Universidades galegas para a promoción de actividades saudables entre a proboación universitaria. O evento contou cun notable éxito de asistencia dos futuros mestres e importantes consellos ofrecidos polos relatores invitados: Concello de Lugo, Guardia Civil de Tráfico, DGT e Asociación de Lesionados Medulares ASPAYM.