A Illa de Arousa acolleu os actos centrais do Día Internacional organizados pola FGCN e o Concello da Illa. Un acto sinxelo para visibilizar a importancia do problema a través da lectura conxunta do Manifesto donde Alcalde de A Illa e Presidente da FGCN instaban a reaccionar política e socialmente ante a gravedade do problema das adiccións e a ameaza que representa o narcotráfico para a seguridade e a saúde de todos. O manifesto foi asinado por destacadas entidades antidroga de Galicia suliñando a necesidade de melloras na loita antidroga e de non estigmatizar non discriminar ás persoas vítima das adiccións.
O acto serviu tamén para dar a benvida ao Concello de A Illa como membro institucional do Padroado da Fundación.
A conmemoración desta data contou coa colaboración da Xunta de Galicia, FEGAMP, Obra Social LaCaixa, Porto de Vilagarcía e Concellos de A Illa de Arousa, Vilagarcía, Ribeira e Cambados.