Fundación galega contra o narcotráficoFundación galega contra o narcotráficoFundación galega contra o narcotráficoFundación galega contra o narcotráfico
  • Sobre nosotros
    • Quienes somos
    • Misión. Visión. Valores
    • Líneas de trabajo
    • Premios
    • Transparencia
  • Ayuda y denuncias
    • Ayuda adicciones
    • Denuncias
  • Información
    • Noticias
    • Prevención del consumo de drogas
    • Informes y legislación
    • Enlaces de interés sobre drogas
    • Día internacional contra a droga
  • Gestión de Bienes y Subastas
  • Contacto
  • Español

    Home Destacados

    por FGCN | Destacados | 0 comentarios | 9 octubre, 2025 | 0

    ·FGCN e centros educativos organizan a IV Etapa Xacobea Conxunta entre estudantes da Ría de Arousa
    ·A iniciativa une deporte, hábitos saudables e fomento do Camiño entre a mocidade galega
    ·Exposicións fotográficas e artísticas nos centros educativos xunto ao novo certame de relato curto Contos do Camiño completan o programa

    A FGCN continúa apostando polo deporte e o fomento de hábitos saudables coa organización, xunto aos centros educativos, da IV edición da Etapa Conxunta do Camiño de Santiago.
    Tras o éxito de participantes das anteriores edicións, este ano a andaina desdóbrase en dúas xornadas, a primeira delas terá lugar o venres día 10 de outubro con estudantes e profesorado da ESO pertenecentes a diversos centros educativos de Vilanova e Vilagarcía de Arousa emprenderán un tramo da etapa saíndo desde a Carballeira de Francos (concello de Teo) ata chegar a Catedral de Santiago de Compostela, cubrindo unha distancia aproximada de quince kilómetros. A segunda etapa dentro deste programa terá lugar a finais de novembro coa participación de estudantes e centros de distintas localidades de O Salnés e Barbanza.

    Turismo de Galicia e a Consellería de Sanidade apoian esta iniciativa que busca promover hábitos saudables a través do Deporte e do Camiño, fomentando a convivencia entre escolares de distintas localidades e centros. Ao tempo, a andaina serivirá para «que os novos peregrinos coñezan e sintan na súa propia experiencia os valores do Camiño e as súas distintas dimensións: relixiosa, cultural, histórico-artística, paisaxística, medioambiental, turística…» según indica o presidente do colectivo, Manuel Couceiro Cachaldora, quen manifesta que deste xeito «consolidamos a aposta polo deporte con actividades que nos axudan a facer mellores persoas». Desde a FGCN agradecen especialmente a acollida de profesores e alumnado e o alto interese que desperta a iniciativa entre estudantes e centros.

    As actividades do programa O Teu Camiño non finalizan coa chegada dos peregrinos ao Obradoiro; posteriormente están programadas Exposicións Fotográficas e Artísticas coa participación dos centros educativos, xunto ao novo Certame de Relato Curto, Contos do Camiño, aberto á participación dos/as estudantes.

    A FGCN quere agradecer especialmente a sensibilidade e o decidido apoio ofrecido por parte de Turismo de Galicia, Consellería de Sanidade, Porto de Vilagarcía de Arousa, Obra Social LaCaixa/Caixabank e Academia Xacobea, xunto á colaboración de Protección Civil de Vilagarcía, Protección Civil e Policía Local de Ames para garantir a seguridade da etapa.

    FGCN
    Author: FGCN

    ...

    No tags.

    SXB

    sxb

    Últimas noticias

    • Adestrar sen Pantallas. Innovación, Deporte e Prevención

      Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Sanidade,

      9 diciembre, 2025
    • ·FGCN e centros educativos organizan a IV Etapa Xacobea Conxunta entre estudantes

      9 octubre, 2025
    • Día Internacional contra las Drogas. 26 de junio

      En una fecha tan especial como el Día Internacional contra la Droga

      25 junio, 2025
    • Narcotráfico, Criptoactivos y Blanqueo de Capitales a estudio en la AGASP

      El jueves 12 de junio tendrá lugar en la Academia Galega de

      10 junio, 2025
    • Premios Anuales FGCN 2025

      Felicitaciones a los nuevos galardonados en la XXIII edición de la Gala

      2 mayo, 2025
    • Saudarte Cambados 2025

      Do 25 de abril ao 15 de maio Saudarte Cambados 2025 abre

      21 abril, 2025
    • Quienes somos
    • Misión. Visión. Valores
    • Ayuda adicciones
    • Denuncias
    • Gestión de Bienes y Subastas
    • Política de Privacidad
    • Aviso Legal
    • Contacto
    • Login
    • Sobre nosotros
      • Quienes somos
      • Misión. Visión. Valores
      • Líneas de trabajo
      • Premios
      • Transparencia
    • Ayuda y denuncias
      • Ayuda adicciones
      • Denuncias
    • Información
      • Noticias
      • Prevención del consumo de drogas
      • Informes y legislación
      • Enlaces de interés sobre drogas
      • Día internacional contra a droga
    • Gestión de Bienes y Subastas
    • Contacto
    • Español
    • Español
    Fundación galega contra o narcotráfico