A Facultade de Formación do Profesorado e a Fundación Galega contra o Narcotráfico organizan o vindeiro xoves día 15 a xornada «Condución e Consumo de Drogas». A xornada que ten como obxectivo principal informar e sensibilizar á poboación universitaria de Galicia sobre o grave perigo que supón o consumo de drogas unido á condución de vehículos.
Intervirán expertos en representación da Guardia Civil de Tráfico, da Dirección General de Tráfico e da Asociación Aspaym de Lesionados Medulares, que tratarán diversos contidos relacionados coas consecuencias da condución de vehículos baixo os efectos do alcol e outras drogas. Ademáis dos citados, a actividade é posible gracias ó apoio da Vicepresidencia e Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e Obra Social La Caixa, entre outras institucións.
O evento, de entrada aberta ao público, terá lugar o xoves 15 de marzo no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado (Av. Ramón Ferreiro, s/n, 27002 Lugo), en horario de 13 a 14,30h.
O acto enmarcase na liña de colaboración subscrita entre a FGCN e as universidades galegas para a contribuír á sensibilización da comunidade fronte ao narcotráfico e as drogodependencias e fomentar a práctica de hábitos saudables entre a poboación universitaria. Precisamente con esta orientación xa se celebrou en Lugo a finais do ano pasado a Carreira Interuniversitaria contra a Droga «Campus Terra» e unha exposición sobre drogodependencias.