Fundación galega contra o narcotráficoFundación galega contra o narcotráficoFundación galega contra o narcotráficoFundación galega contra o narcotráfico
  • Sobre nosotros
    • Quienes somos
    • Misión. Visión. Valores
    • Líneas de trabajo
    • Premios
    • Transparencia
  • Ayuda y denuncias
    • Ayuda adicciones
    • Denuncias
  • Información
    • Noticias
    • Prevención del consumo de drogas
    • Informes y legislación
    • Enlaces de interés sobre drogas
    • Día internacional contra a droga
  • Gestión de Bienes y Subastas
  • Contacto
  • Español

Xacobeo, Saúde e Mocidade camiñan da man na V Etapa Xacobea Conxunta

    Home Destacados Xacobeo, Saúde e Mocidade camiñan da man na V Etapa Xacobea Conxunta

    Xacobeo, Saúde e Mocidade camiñan da man na V Etapa Xacobea Conxunta

    por FGCN | Destacados | 0 comentarios | 16 noviembre, 2026 | 0

    A FGCN continúa a aposta polo deporte e o fomento de hábitos saudables coa organización, xunto aos centros educativos, cunha nova edición -a quinta- da Etapa Conxunta do Camiño de Santiago. Tras o éxito de participantes das anteriores edicións, este ano a andaina tivo lugar o  20 de outubro coa participación de centos de estudantes e profesorado da ESO pertenecentes a diversos centros educativos de Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía e Teo que emprenderon a etapa saíndo desde a Carballeira de Francos (concello de Teo) ata chegar a Catedral de Santiago de Compostela, cubrindo unha distancia aproximada de quince kilómetros.

    Turismo de Galicia e a Consellería de Sanidade apoian esta iniciativa que busca promover hábitos saudables a través do Deporte e do Camiño, fomentando a convivencia entre escolares de distintas localidades e centros. Ao tempo, a andaina serivirá para «que os novos peregrinos coñezan e sintan na súa propia experiencia os valores do Camiño e as súas distintas dimensións: relixiosa, cultural, histórico-artística, paisaxística, medioambiental, turística…» según indica o presidente do colectivo, Manuel Couceiro Cachaldora, quen manifesta que deste xeito «consolidamos a aposta polo deporte con actividades que nos axudan a facer mellores persoas».

    Desde a FGCN agradecen especialmente a acollida de profesores e alumnado e o alto interese que desperta a iniciativa entre estudantes e centros.  Nesta nova edición participan estudantes e profesorado dos IES Armando Cotarelo, IES Castro Alobre, Colexio Sagrada Familia, Colexio San Francisco (Vilagarcía de Arousa), IES A Basella, IES Faro das Lúas (Vilanova de Arousa), IES de Cacheiras (Teo), IES Francisco Asorey e IES Ramón Cabanillas (Cambados) aos que a Fundación agradece especialmente a súa sensibilidade e implicación no proxecto. As actividades do programa O Teu Camiño non finalizan coa chegada dos peregrinos ao Obradoiro. Con posterioridade a esta data hai programadas Exposicións Fotográficas e Artísticas coa participación dos centros educativos, xunto a unha nova edición do Certame de Relato Curto, Contos do Camiño, aberto á participación dos/as estudantes.

    A FGCN quere agradecer especialmente a sensibilidade e o decidido apoio ofrecido por parte de Turismo de Galicia, Consellería de Sanidade, Porto de Vilagarcía de Arousa, Concellos de Cambados, Vilanova de Arousa e Teo, Obra Social LaCaixa/Caixabank e Academia Xacobea, xunto á colaboración de Protección Civil de Vilagarcía, Protección Civil e Policía Local de Ames para garantir a seguridade da etapa.

    FGCN
    Author: FGCN

    ...

    No tags.

    SXB

    sxb

    Últimas noticias

    • Xacobeo, Saúde e Mocidade camiñan da man na V Etapa Xacobea Conxunta

      A FGCN continúa a aposta polo deporte e o fomento de hábitos

      16 noviembre, 2026
    • Deporte e Saúde no XXI Torneo Deportivo Eu Saúde/Panos Brancos

      O venres día 13 de novembro tivo lugar a XXI edición do

      16 noviembre, 2026
    • Cholo Dorgambide. In Memoriam

      Despedimos con enorme pesar a nuestro querido Cholo Dorgambide, Patrono directivo de

      13 octubre, 2026
    • Día Internacional contra a Droga

      Un chamamento para crear conciencia sobre un problema que nos afecta a

      25 junio, 2026
    • XXIII GALA ANUAL

      O próximo 8 de maio Vilagarcía de Arousa acollerá a XXIII edición

      5 mayo, 2026
    • Presentación do programa Adestrar sen Pantallas

      A Cidade da Cultura de Santiago acolleu a presentación oficial de Adestrar

      20 abril, 2026
    • Quienes somos
    • Misión. Visión. Valores
    • Ayuda adicciones
    • Denuncias
    • Gestión de Bienes y Subastas
    • Política de Privacidad
    • Aviso Legal
    • Contacto
    • Login
    • Sobre nosotros
      • Quienes somos
      • Misión. Visión. Valores
      • Líneas de trabajo
      • Premios
      • Transparencia
    • Ayuda y denuncias
      • Ayuda adicciones
      • Denuncias
    • Información
      • Noticias
      • Prevención del consumo de drogas
      • Informes y legislación
      • Enlaces de interés sobre drogas
      • Día internacional contra a droga
    • Gestión de Bienes y Subastas
    • Contacto
    • Español
    • Español
    Fundación galega contra o narcotráfico