Fundación galega contra o narcotráficoFundación galega contra o narcotráficoFundación galega contra o narcotráficoFundación galega contra o narcotráfico
  • Sobre nós
    • Quen somos
    • Os nosos principios
    • Liñas de traballo
    • Premios
  • Axuda e denuncias
    • Axuda adicións
    • Denuncias
  • Información
    • Noticias
    • Prevención
    • Informes e lexislación
    • Ligazóns de interese
    • Día internacional contra a droga
  • Xestión de bens e subastas
  • Contacto
  • Galego
    • Español

Liñas de traballo

A Fundación Galega contra ou Narcotráfico desenvolve o seu traballo nos principais compoñentes da loita antidroga.

Desde o lado da demanda:

  • Axuda a drogodependentes e familias.
  • Prevención e sensibilización social fronte ao consumo e tráfico de drogas.

Desde o lado da oferta:

  • Axuda e colaboración permanente con forzas e autoridades xudiciais.
  •  Xestión e realización anticipada de bens intervidos ao narcotráfico.
  •  Promoción de iniciativas de mellora na loita contra o tráfico de drogas.
ACTIVIDADES
D E S T A C A D A S

FOROS E ENCONTROS PROFESIONAIS

Foros

Abordan de forma especializada unha ampla gama de temas relativos a consumo de drogas e loita contra o narcotráfico, destacando pola súa orientación práctica e a calidade das súas conclusións.

Organízanse contando coa participación de profesionais de distintos ámbitos, cuxas achegas resultan do máximo interese pola experiencia e coñecementos que atesouran. Cítanse algunhas delas:

  • Experiencias e propostas de mellora na xestión de activos intervidos ao narcotráfico –Academia Galega de Seguridade Pública. A Estrada 2016
  • A xestión de bens comisados en España. Servizo de xestión de Bens Mobles comisados ao narcotráfico en Galicia – Escola galega de Administración Pública. Santiago de Compostela 2016
  • Xeopolítica do narcotráfico e o branqueo de capitais – Marco legal. Facultade de Dereito. Universidade de Santiago de Compostela 2014
  • Os retos da prevención de drogodependencias – Pazo Baión 2014
  • Medidas de eficacia fronte ao narcotráfico – Bamio (Vilagarcía de Arousa) 2013
  • A Educación é a clave – Vilagarcía de Arousa 2006
  • Os ollos vendados: checa a coca – Cambados 2007
  • Branqueo de capitais – Ourense 2004
  • Narcotráfico e lexislación no século XXI – Lugo 1999
  • A Legalización do tráfico de estupefacientes – Vigo 1999
  • Novas alternativas para a prevención de drogodependencias – Meaño, Dena. O Grove, Marín e Pontecesures 1996

Participacións como relatores invitados:

  • Xestión de patrimonios no marco do proceso penal – Consello Nacional de Procuradores de España. A Coruña 2015
  • Xornadas sobre narcotráfico – Colexio de Avogados de Barcelona 2015
  • Escola de Verán Fiscalía Superior de Galicia – A Coruña 2015
  • Consumo e tráfico de drogas – Ribeira 2010
  • Charlas e intervencións de prevención de drogodependencias en diversos centros educativos de Galicia – 2002 ata a data
  • Xornadas sobre tráfico e consumo de drogas – Parlamento de Galicia.  Santiago de Compostela 1997

Encontros profesionais

Co propósito de recoller a experiencia e coñecemento de quen traballa na loita antidroga nas súas distintas vertentes, a FGCN mantén permanente contacto con representantes de Corpo Nacional de Policía, Garda Civil, Servizo de Vixilancia Aduaneira, autoridades xudiciais e administracións con competencias na materia.

Entendendo que o problema da droga é un reto para superar por toda a sociedade no seu conxunto, a FGCN traballa con entidades sociais, educadores e profesionais de prevención e asistencia de drogodependencias. Mantendo encontros institucionais e de traballo coa Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, Comisión Mixta Congreso-Senado para o Estudo do Problema da Droga, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Fiscalía Antidroga, Valedor do Pobo, Consellería de Sanidade e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

ADMINISTRACIÓN EFICAZ DOS PATRIMONIOS INCAUTADOS AO NARCOTRÁFICO

A creación e posta en funcionamento do Servizo de Xestión de Bens Intervidos ao Narcotráfico co apoio da Consellería de Xustiza da Xunta de Galicia supón un avance moi importante para a loita contra o narcotráfico na comunidade galega.

O novo servizo, impulsado pola FGCN e pioneiro en España, prestado en colaboración co Colexio de Procuradores da Coruña, permite a administración, xestión e venda dos bens mobles incautados aos narcotraficantes .

Os beneficios resultan evidentes: maior axilidade na venda dos bens, evitando a súa deterioración, obtención de ingresos para o Estado e liberar á xustiza dunha pesada tarefa que actualmente asumen os xulgados sen recursos nin tempo para iso, sen esquecer o efecto ejemplarizante que supón evitar que os narcotraficantes gocen das fortunas obtidas produto do tráfico de drogas.

AXUDA E DENUNCIA ONLINE
TELÉFONO ANTIDROGA: 900 102 300

Unha canle de comunicación directo e anónimo. A utilidade do servizo baséase en boa medida no anonimato e a confidencialidade da comunicación, unha garantía imprescindible para ofrecer a quen se atreve a dar o primeiro paso para solicitar axuda e asesoramento ou denunciar algunha situación sospeitosa de tráfico de drogas. Destacan neste apartado diversas operacións de denuncia contra actividades de narcotráfico e acerca de bens patrimoniais presuntamente adquiridos con diñeiro procedente do tráfico de drogas.

CAMPAÑA PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA

Concibida como unha campaña de sensibilización social, Panos Brancos convértese desde a súa primeira edición no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e o narcotráfico. Desenvólvese a través de diferentes actos sociais e deportivos utilizando principalmente a simboloxía de panos e bandeiras brancas como icona visible do compromiso cidadán fronte ás drogas.

A campaña diríxese a toda a sociedade galega, con especial atención para o colectivo de nenos e xóvenes, un dos grupos máis vulnerables fronte a este problema.

Os actos e torneos deportivos de Panos Brancos son concibidos en colaboración cos centros educativos como instrumentos de sensibilización especialmente dirixidos aos máis novos, buscando un posicionamento activo dos mozos/as en prol dunha vida saudable.

ACTIVIDADES CULTURAIS. EXPOSICIÓNS SAUDARTE

Organizadas co obxectivo principal de divulgar a arte como actividade de lecer saudable  e fomentar a creatividade e a cultura como manifestacións enriquecedoras das persoas, propoñendo a realización de actividades de lecer construtivo e empregando a arte como vehículo de sensibilización social fronte á problemática da adicción ás drogas.

DEPORTE E ESTILOS DE VIDA SAUDABLE

A través da organización dos Torneos deportivos Panos Brancos, dirixidos a estudantes de ESO e da Carreira Interuniversitaria contra a Droga (Desafío Galicia Universidade). Paralelamente á celebración dos eventos deportivos e culturais desenvólvense actividades de prevención/sensibilización nos centros educativos.

GALA ANUAL E PREMIOS NÉCORA DE OURO

Os Premios da FGCN distinguen anualmente o labor de persoas e entidades especialmente destacadas no ámbito das drogodependencias e a loita contra o narcotráfico.

SXB

sxb

Entradas recientes

  • Condución e consumo de drogas. Xornada na USC.

    A Facultade de Dereito da USC acolleu a celebración da xornada que

    10 Maio, 2017
  • Saudarte Cambados 2017

    Unha nova edición de Saudarte abriu as súas portas o 8 de

    10 Maio, 2017
  • Deporte con causa. Happy Go Running- II Carreira Universitaria contra a Droga

    O domingo 23 no Campus de Vigo celebrouse a emblemática Happy Go

    17 Abril, 2017
  • Riveira celebra una nueva edición del Torneo Panos Brancos 2017

    El pasado viernes 5 de abril se dieron cita en el Pabellón

    17 Abril, 2017
  • Premios FGCN 2017

    La oficina en España de la DEA, la Asociación Renacer de Riveira

    30 Marzo, 2017
  • Quen somos
  • Os nosos principios
  • Axuda adicións
  • Denuncias
  • Prevención
  • Xestión de bens e subastas
  • Contacto
  • Sobre nós
    • Quen somos
    • Os nosos principios
    • Liñas de traballo
    • Premios
  • Axuda e denuncias
    • Axuda adicións
    • Denuncias
  • Información
    • Noticias
    • Prevención
    • Informes e lexislación
    • Ligazóns de interese
    • Día internacional contra a droga
  • Xestión de bens e subastas
  • Contacto
  • Galego
    • Español
  • Galego
  • Español (Spanish)
Fundación galega contra o narcotráfico